Apertium é unha plataforma libre e de código aberto para a tradución automática, inicialmente concibida para a tradución entre parellas de idiomas relacionados pero estendeuse para tratar con parellas de idiomas máis diferentes (tales como Inglés-Catalán). A plataforma fornece
un motor de tradución independente do idioma
ferramentas para xestionar os datos lingüísticos necesarios para construír un sistema de tradución automático para unha determinada parella de idiomas
datos lingüísticos para unha cantidade de parellas de idiomas cada vez máis grande.
Apertium dálle a benvida a novos desenvolvedores: se pensa que pode mellorar o motor ou as ferramentas, ou desenvolver datos lingüísticos para nós, non dúbide contactar connosco.
Pode atopar a documentación no noso Wiki na páxina Documentación. Publicamos varios artigos a conferencias e a revistas científicas. Unha lista deles pode atoparse na wiki na páxina Publicacións.
Descargas de Apertium
As versións actuais de Apertium toolbox así coma os datos de parellas de idiomas están dispoñíbeis na páxina de GitHub. Pode atopar as instrucións de instalación para Apertium na maioría das plataformas na páxina de instalación do Wiki.
Contacto
Póñase en contacto connosco se atopa un erro, se hai un proxecto que cre que nos podería interesar ou se lle interesaría colaborar connosco.
A canle IRC
A forma máis rápida de pórse en contacto connosco é uníndose a nosa canel IRC, #apertium en irc.freenode.net, onde están reunidos os usuarios e desenvolvedores de Apertium. Non precisa un cliente IRC; pode usar o webchat de freenode.
A lista de correo
Tamén se pode subscribir a lista de correo apertium-stuff, onde pode enviar propostas ou incidencias que atopara, así como seguir as discusións xerais sobre Apertium.
Contacto
Non dubide en pórse en contacto connosco a través da lista de correo apertium-contact se atopa un erro, se hai algún proxecto que lle interesa, ou se precisa axuda.